Tag: illa de san simón
Éxito de público na presentación do libro de banda deseñada sobre memoria histórica ‘Regreso á Illa de San Simón’
O Museo de Pontevedra encheuse hoxe ata onde o permitía o aforo do 90% para a presentación do libro de banda deseñada Regreso á Illa de San Simón, a primeira publicación sobre memoria histórica editada pola pola Deputación de Pontevedra para chegar á xente moza. O éxito non parou aí: a deputada María Ortega anunciou que se fará unha próxima reedición dada a alta demanda recibida tanto no Servizo de Publicacións provincial como na escola do Garaxe Hermético nos días pasados.
A Deputación presenta este venres o seu primeiro libro de banda deseñada para achegar á xente moza a Memoria Histórica
A Deputación, a través do seu departamento de Memoria Histórica, presenta este venres o seu primeiro libro de banda deseñada para achegar á xente moza o relato dos feitos acontecidos durante os anos da ditadura e a represión e as súas consecuencias na provincia.