Sábado, 3 Maio de 2025

Prado Surf Escola reabre as súas portas tras 64 días de peche

O pasado sábado 16 de maio Prado Surf Escola retomou as clases de surf nas súas escolas de Patos (Nigrán) e A Lanzada (Pontevedra).

Coa chegada da fase 1 a Galicia abríanse as portas dos centros deportivos, entre elas as escolas de surf. Para poder retomar a actividade Prado Surf Escuela fixo cambios na escola de Patos con circuítos de entrada e saída para evitar o contacto entre os alumnos e manter en todo momentos as distancias de seguridade. Ademais, crearon un protocolo interno para o persoal con medidas estritas para a desinfección de material, e outro para os clientes con recomendacións de boa conduta tanto dentro como fose da auga.

[su_image_carousel source=”media: 15351,15348,15349,15350″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Esta nova apertura trae cambios tamén en canto ás clases, o grupo máximo de persoas por franxa horaria é de 10 e só poderase asistir a clase se se reservou con anterioridade. Ademais, tamén está dispoñible a opción de aluguer de material para surf ou pádel surf, pero a condición de que se reservou previamente.

A situación que se presenta “é un novo reto para esta escola que conta con máis de 20 anos de experiencia, pero había moitas ganas de volver ao mar”, sinalan dende a escola e aseguran que “con todas as medidas tomadas pódese practicar surf de forma segura e, ademais coa vantaxe de que haberá poucos surfeiros na auga”.

As clases e o aluguer de material tamén se retomaron na praia da Lanzada co mesmo sistema e medidas que en Patos. As escolas de Sabón e Bastiagueiro na Coruña permanecen aínda pechadas pero esperan poder abrilas nos próximos días. De fronte ao verán están abertos xa as prazas para os campamentos multiaventura semanais, cursos mensuais e por días.

Prado Surf Escola leva máis de 20 anos ensinando surf nas súas catro escolas repartidas nas provincias de Pontevedra e A Coruña.