O Concello de Nigrán instalou hoxe o seu primeiro ‘Peixe traga-plástico’ en Praia América, obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica neste areal. A escultura a base de guías metálicas presenta unha abertura onde os bañistas deben depositar calquera refugallo de plástico que atopen na area; o obxectivo é dobre, por unha banda visibilizar e concienciar da cantidade de lixo que se deixa tirado e que acabaría no mar e, por outro, recolectalo e reciclalo. O obxectivo é dispor de catro en toda a praia que se irán distribuíndo a medida que estén listos. O Concello de Nigrán da así un paso máis no seu empeño de apelar á responsabilidade da propia cidadanía para manter os areais limpos.
[su_image_carousel source=”media: 16826,16825,16824,16822,16821″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]
Paralelamente, o Concello instalará novamente esta semana en Praia América, Patos, A Madorra e Area Fofa os 15 ‘recolle-cabichas’ artesanais feitos o ano pasado con material de refugallo por nenos que asistiron aos obradoiros infantís do mercadillo de Praia América e usuarios do CEE Juan María.
Como novidade tamén deste ano e co obxectivo de que así quede establecido, o Concello substituirá as papeleiras dentro dos areais por contedores á saída dos mesmos, unha solución que consideran máis hixiénica e efectiva medioambientalmente. “As papeleiras dentro da praia énchense en seguida, o lixo acaba na area e de aí vai ao mar; así que como xa se está a facer noutros moitísimos sitios para evitar precisamente a contaminación do mar, hai que ser responsables e depositar o lixo nos contedores que hai nas entradas e saídas cando marchemos, non supón ningún esforzo engadido”, explica o alcalde, Juan González.
“Tratase de diferentes elementos que conducen cara a concienciación cidadá en materia medioambiental, as papeleiras dentro das praias non son recomendables porque acaba o lixo na area”, finaliza o rexedor