12.2 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño busca relevos

    O Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño busca relevos

    O Consello da Infancia e Adolescencia ‘Voces Novas’ de Tomiño, celebrou esta semana un pleno no Concello, co fin de artellar a estratexia de difusión da campaña de adhesión de novos socios e socias que comezará nestes días, e lograr deste xeito suplantar aos membros que se darán de baixa en breve, por cumprir os 18 anos.

    A mencionada campaña de difusión e adhesión de novas persoas levarase a cabo, fundamentalmente, a través das redes sociais, xa que son estas as que utiliza a maioría da poboación moza. Para formar parte do consello Voces Novas, hai que escribir un correo electrónico a vocesnovas.tomino@gmail.com, ou ben, mandar unha mensaxe por Instagram (@vocesnovas).

    Tras o pleno do Consello da Infancia e Adolescencia, os mozos e mozas aproveitaron para falar coa alcaldesa da vila, Sandra González, e dúas representantes de Unicef Galicia, Gloria Del Río (vicepresidenta) e Marisé Pérez Mariño (vogal). Asemade, procederon a descubrir a insignia de Cidade Amiga da Infancia, en cuxo proceso de recoñecemento, xogaron un papel fundamental.

    “Eles teñen unha visión do mundo moi diferente á nosa e é necesario que o interese por intervir nas decisións dos adultos, se contaxie á poboación moza”, recoñeceu Gloria Del Río.

    A alcaldesa, pola súa banda, explicou que o distintivo do Selo CAI colocarase en breve na rotonda de entrada á nova rúa que permitirá, por unha parte, sortear o centro da localidade aos vehículos e, por outra, acceder andando ás zonas máis céntricas.

    Tomiño forma parte, por catro anos, da rede Cidades Amigas da Infancia xunto a outras 273 localidades de España, cuxos gobernos locais situaron á infancia no centro das súas políticas públicas.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS