Venres, 2 Maio de 2025

O Concello de Nigrán solicita a Portos de Galicia queu repare con urxencia a iluminación do porto pesqueiro de Panxón

O peirao está sen iluminación desde hai xa unha semana dificultando o traballo dos mariñeiros, polo que o propio alcalde pedíu á presidenta de Portos que o arranxe pronto ou permita actuar ao consistorio

O Concello de Nigrán pedíu a pasada semana oficialmente á Xunta, a través do alcalde, que repare con urxencia a iluminación do porto pesqueiro de Panxón ou permita actuar ao consistorio, xa que os mariñeiros e demais usuarios levan unha semana traballando totalmente a escuras co perigo que iso conleva.

“Desafortunadamente, o Concello non ten autorización para intervir no porto pesqueiro porque é un espazo competencia de Portos da Xunta de Galicia, polo que xa me dirixín persoalmente a súa presidenta Susana Lenguas para transmitir a urxencia da súa reparación”, sinala Juan González, quen agarda que a petición sexa tratada coa máxima dilixencia.