Sábado, 3 Maio de 2025

O Concello de Nigrán participa o venres 19 no proxecto de LIBERA ‘1m2 por los ríos’

A xornada de limpeza desenvolverase desde as 11:00 horas na desembocadura do río Muíños en Praia América

O Concello de Nigrán únese este venres 19 de marzo por vez primeira ao Proxecto LIBERA ‘1m2 por los ríos’ cunha xornada matinal de limpeza na desembocadura do río Muíños en Praia América. Os interesados en participar deben inscribirse en [email protected] antes do xoves 18 de marzo aportando os seus datos persoais, DNI e teléfono de contacto, sendo o aparcadoiro fronte as pistas de Gaifar o punto de encontro ás 11:00 horas. Recoméndase levar luvas, botella de auga e calzado axeitado.

Esta acción voluntaria forma ten como obxectivo no es sólo liberar á natureza de lixo, senon caracterizar e tipificar o refugallo que en cada punto de se atopa. A xornada desenvolverase coas medidas de seguridade e prevención necesarias para salvagardar a saúde dos participantes.

Paralelamente, baixo o lema ‘Plántalle cara aos plásticos’ o Concello e a asociación ecoloxista ‘Amigos da Terra’ manteñen activa esta campaña para que os conviventes aproveiten os seus paseos pola praia para recoller lixo. A acción é recoñecida premiando a cada grupo cun diploma de ‘Familia Concienciadora’, unha guía de aves do ecosistema dunar Praia América-Panxón e un paquete de sementes florais atraentes de insectos polinizadores, claves para a supervivencia do planeta. Os interesados en participar tan só teñen que descargar unha ficha da web www.nigran.org e cubrila durante a limpeza, facer unha foto de grupo co lixo obtido e enviar os dous documentos a [email protected]. O Concello instalou cadanseu ‘peixe tragaplásticos’ en Praia América e Patos para depositar aí o lixo e facer máis visible a campaña, pero resulta igualmente convinte que os participantes o tiren en contedores separativos.