11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán humanizará a rúa Otero Pedrayo

    O Concello de Nigrán humanizará a rúa Otero Pedrayo

    O proxecto está pendente desde hai un ano do informe da Axencia Galega de Infraestruturas para poder ser licitado, polo que o goberno local pide a máxima celeridade á Xunta ante a urxencia da actuación

    O goberno local de Nigrán consignará no vindeiro pleno do 31 de maio un total de 1.600.000 € do Remanente de Tesourería á humanización da rúa Otero Pedrayo tras ter obtido a titularidade municipal en xullo (ata entón era de competencia autonómica). O proxecto do Concello, pendente do informe sectorial da Axencia Galega  de Infraestructura da Xunta de Galicia desde hai xusto un ano para poder ser xa licitado, comprende a totalidade da estrada e inclúe a creación dunha nova zona verde nunha parcela municipal ao carón da rúa Costiña.

    “Estas obras son urxentísimas e prioritarias para o Concello, por iso chegamos ao punto de pedir o cambio de titularidade á Xunta, para poder emprendelas en solitario tras anos e anos de reclamacións sen resultado algún”, indica Juan González, alcalde de Nigrán, que non dubida en calificar a súa situación como “absolutamente calamitosa, cunhas beirarrúas esnaquizadas, e uns servizos que tanto ambientalmente como estruturalmente supoñen un gran problema”. Compre sinalar que esta estrada vertebra o municipio ao comunicar o núcleo urbano de Nigrán (PO-552) con Panxón (Rúa Mariñeiro) e conta con ducias de denuncias por mor da caída de peóns debido ao terrible estado das beirarrúas. “A situación é lamentable tras anos de completo abandono por parte da Xunta e para o goberno de Nigrán é unha obra prioritaria, así que agardamos impacientes ese último informe sectorial para iniciar ipso facto a contratación. O que non fixo a Xunta en 30 anos agardamos facelo nos en 1”, incide González.

    Precisamente para avanzar prazos, o Concello conta desde febreiro de 2020 con este proxecto da empresa de enxeñería Ingenia que cifra o investimento en 1.592.114 €.  O aspecto máis destacable será a completa renovación dos colectores de abastecemento e saneamento, creando a maiores unha rede separativa de pluviais que non existe actualmente, o que causa problemas de sobrecargas nos días de choiva e destrozo do pavimento. Asimismo, darase ao fin continuidade ás beirarrúas que rematan abruptamente á altura do Centro Antena (rúa Porqueira) mediante a creación dunhas novas que si cumpran a normativa de accesibilidade e en formigón pulido coloreado con canto en pedra, seguindo asi a estética da súa veciña rúa Mariñeiro (as actuais, completamente esnaquizadas, son consideradas polo goberno local como “as peor conservadas de toda a provincia”). Os pasos de peóns serán, ademáis, sobreelevados e con iluminación específica mediante una barra lateral co obxectivo de outorgarlles a máxima seguridade, tal e como xa fixo o Concello noutros do casco urbano.

    Adicionalmente, contémplase renovar o asfaltado en toda a rúa e o cambio a iluminación LED con novas farolas cun fuste personalizado  co gravado en corte láser do escudo de Nigrán e eliminarase o tendido aéreo eléctrico e de comunicacións que todavía existe, desaparecendo os postes da estrada. A plantación de cerdeiras ornamentais en todo o percorrido das novas beirarrúas outorgará a toda a zona unha imaxe máis amable, feito que se complementará con novo mobiliario urbano (bancos e papeleiras).

    Dentro do mesmo proxecto, o Concello de Nigrán inclúe a rehabilitación dun espazo verde municipal de 450 metros cadrados ao carón de Otero Pedrayo, na rúa Costiña, co obxectivo de convertilo nunha zona de lecer para a veciñanza. Nel disporase dun circuito biosaudable para facer exercicio ao aire libre, bancos e arbolado.

    “En definitiva, queremos facer unha rúa Otero Pedrayo moito máis amable para os seus veciños, un lugar polo que poder pasear, accesible de verdade e con puntos de encontro nos que poder pararse a charlar ou descansar, ese é o Nigrán para todos que estamos a construír e por iso lle pedimos á Xunta que por favor acelere no seu último informe, os veciños xa teñen aguantado demasiado e desde o Concello demos todos os pasos para asumir en solitario as obras”, resume o alcalde.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.