O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición os días 16 e 17 de xullo de 10:00 a 13:00 horas no teléfono de contacto 986365000 para participar na primeira festa con motivo do Día do Avós o domingo 26 de xullo en Camos.

O programa do Concello, organizado no xogo de bolos de Os Barreiros, baixo as medidas protocolarias de seguridade Covid-19. A actividade comezará ás 12:00 horas cun Photocall de recordo de agasallo, seguido dun almorzo campestre ás 14:00 h (cada persoa deberá levar o seu).
Logo do almorzo haberá unha exposición de vehículos clásicos, actuación do grupo musical D´Lider e primeiro concurso de baile con premio á mellor parella. O aforo estará limitado a 50 persoas e se cubrirá por rigorosa orde de inscrición.