Sábado, 3 Maio de 2025

Nigrán ofrece este xoves o monólogo ‘Outra Movida’

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 11 de agosto ás 21:00 horas na Praza do Concello o monólogo ‘Outra Movida’ do cómico Oswaldo Digón e como parte do programa da Xunta ‘Cultura no Camiño’.

Trátase dunha recompilación de contos sobre a súa disparatada vida, baseado en feitos reais e aprobado pola comisión de táboas de mareas para piscinas e estanques.Todos os personaxes que saen nas historias do monólogo deste actor de teatro e monologuista “retranqueiro” teñen o nome cambiado para que os poidades identificar facilmente e, tranquilidade, durante a súa creación ningún ser vivo sufriu ningún dano físico ou moral, incluído o propio autor.