Sábado, 3 Maio de 2025

Nigrán oferta un curso de manexo de dispositivos móbiles para maiores

Consta de 15 prazas e a inscrición debe facerse presencialmente o xoves 13 de setembro na Casa de Maiores de Vilameán de 10:00 a 12:00 horas É gratuíto e prestará especial atención á aplicación ‘Sergas Móbil’, ao almacenamento de imaxes e uso de outas apps, sendo imprescindible acudir con un smartphone

O Concello de Nigrán ofrece do 3 de outubro ao 30 de xaneiro de 2024 no Local Social de Vilameán un obradoiro para aprender a manexar aplicacións móbiles destinado a xubilados empadroados no municipio e será impartido por María José Parada Santoro, profesora xubilada.

O curso, que se desenvolverá os martes e xoves de 11,30 a 12,30, é gratuíto e prestará especial antención ao uso da aplicación do ‘Sergas Móbil’, ao almacenamento de imaxes e ás posibilidades doutras apps. A inscrición debe facerse presencialmente o xoves 13 de setembro na Casa de Maiores de Vilameán de 10:00 a 12:00 horas e as prazas distribuiranse por rigorosa orde de chegada (consta inicialmente de 15 prazas pero se hai demanda se organizarán máis obradoiros). Para participar é preciso acudir con un smartphone cargado de batería.

“Moitos maiores síntense moi inseguros á hora de empregar o móbil, polo que este curso busca que se atopen cómodos á hora, por exemplo, de pedir unha cita médica a través da app do Sergas”, explica o alcalde, Juan González, sobre esta iniciativa da Concellería de Maiores que dirixe a edil María Mayán.  “Non son nativos dixitais e moitos precisan formación práctica ao respecto, especialmente agora que se van a retirar as tradicionais cartillas bancarias, e este tipo de cursos son moi útiles porque lles pode facilitar moito o seu día a día”, resume Mayán.