Luns, 5 Maio de 2025

Nigrán inicia 2020 coa pavimentación e humanización da rúa Vista ao Mar

As obras, sinala Juan González, "solucionan un problema de seguridade viariae accesibilidade e eran moi demandadas tanto pola veciñanza como pola hostalería"

A mesa de contratación do Concello de Nigrán, celebrada o pasado 2 de xaneiro, aduxicou as obras de Pavimentación e Humanización da Rúa Vista ao Mar (Lourido) por un importe de 42.896,61 € cunha partida provinte dos proxectos incluídos polo goberno de Nigrán no Plan Concellos 2019. A rúa é un dos accesos ao areal de Praia América e no que se concentran gran número de establecementos de hostalería.

A finais de 2019 foi remodelada a tonda de acceso ao barrio da area na PO325 e en esta segunda fase substituirase o deteriorado firme de lousas pedra da toda a rúa Vista ao Mar por aglomerado asfáltico, ademais humanizarase a zona dos olmos incorporando pedra e espazos verdes.

[su_image_carousel source=”media: 10547,10548,10550″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

As obras consistirán na demilición e levantado das losas e aglomerado asfáltico existente existentes; reposición do firme mediante unha capa de MBC de 10 cm.; apertura de caixeo para executar o novo adoquinado no entorno da zona verde e pavimentación mediante adoquines de pedra asentados en mortero sobre solera de hormigón e finalmente pintado de toda a rúa Vista ao Mar.

“Soluciona un problema de seguridade viaria e accesibilidade nun tramo moi frecuentado no barrio da Area (San Pedro da Ramallosa) xa que en este espazo concéntrase un importante número de establecementos hosteleros e é un dos accesos principais ao Areal de lourido – Praia América. Ë unha obra necesaria e moi demandada polos veciños”, sinala o alcalde, Juan González.

Co inicio das obras de Acondicionamento e Humanización da Praza da Carrasca (Parada) a semana do 13 de xaneiro adxudicadas á empresa AUDECA o Concello de Nigrán xa só ten pendente de invertir do plan Concellos 2019 a pavimentación dos Camiños Cotros de Arriba, O Rego, Igrexa, Ana Isabel Costas Piñeiro, Pereiro, Pereira, Altamira, Mallón-Pedreiros e Pontillón, todos eles na parroquia de San Pedro da Ramallosa e pendentes dunha autorización de patrimonio dende principios de 2019.