O Concello de Nigrán informa que, como consecuencia da execución de traballos de mantemento na rede de distribución de auga por parte da empresa concesionaria Aqualia, é preciso realizar unha suspensión temporal do subministro este xoves 23 de setembro de 22:00 a 03:00 horas que afectará as seguintes rúas de Panxón: Arquitecto Palacios, Baiona A Real, Cidade de Vigo, Paseo Marítimo, Jesús Espinosa, Alvaro Mourelle, Gaifar, Rúa do Regueiro, Camiño da Gaivota, Rúa Veiga de San Xoán, Camiño da Costa, Rúa Gondomar, As Barrocas e Fenales. O Concello lamenta as molestias que poida causar este traballo para a mellora do servizo.
Nigrán informa do corte de auga este xoves na zona de Panxón de 22:00 a 3:00 horas
A empresa adxudicataria Aqualia executa traballos de mantemento que obrigan a esta suspensión do servizo durante 5 horas