Sábado, 3 Maio de 2025

Nigrán acolle este sábado, no campo de Lourido, a cuarta xornada da Liga Profesional de Freestyle

O Concello de Nigrán acolle este sábado 3 e por segundo ano consecutivo a Freestyle Master Series, a primeira «Liga Profesional de Freestyle» do mundo que terá lugar no campo de fútbol de Lourido con máis de 3.000 entradas xa vendidas por parte da organización, Urban Roosters. O día antes, venres, terá lugar no espazo deportivo de Gaifar dende as 17:30 h unha sesión previa e gratuíta da “batalla” pendiente entre Zasko e BTA.

O municipio acolle a cuarta das 9 citas que se desenvolverán ao longo do ano no territorio nacional e que decidirá que 4 competidores van a FMS INTERNACIONAL, estas “batallas de galos” venas miles de persoas en todo o mundo en streaming (máis de 100.000 persoas entre España e Sudamérica). Anteriormente a proba estivo en Bilbao e a seguinte xornada despois de Nigrán será Málaga. Nesta terceira tempada voltamos a disfrutar do bicampeón Chuty, Walls, Skone, Blon, Zasko, Errece, Bta, Force, e os recén ascendidos Bnet y Mister Ego.

“O ano pasado tivemos a oportunidade de acoller o evento e non o dubidamos porque non tiñamos nada similar na nosa programación e o certo é que foi un éxito absoluto, polo que estamos encantados de trasladalo a un espazo maior para que poida asistir máis xente. É un espectáculo digno de ver e que arrastra a moitísimos mozos, así que queremos seguir ofrecéndoo cada ano en Nigrán”, sinala o alcalde, Juan González.

Ata agora, non existía ningunha liga que englobase todas as competicións de rap como BDM, Red Bull ou Gold Battle. The Urban Roosters, xunto coa Freestyle Rap Federation ( F. R. F) revolucionou o sector dando forma a un circuíto de campionatos no que existe unha elite profesional e onde todos os demais freestylers teñan a oportunidade de ascender grazas ao seu traballo e esforzo. Con esta iniciativa preténdese dar un paso máis cara á profesionalización do freestyle. As competicións de Rap teñen cada vez máis público e enchen salas de concertos e eventos. Os participantes convertéronse en deportistas que demostran as súas habilidades e merecen ser tratados como os protagonistas doutros deportes.