12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: nigran equilibrio natural

    Dende o xoves A Ramallosa énchese de música e cervexa artesá nunha nova edición do ‘Val Miñor Fest’

    As principais marcas de cervexa artesana de toda Galicia, unidas a unha de Madrid e outra do Bierzo, volven a protagonizar desde este xoves 20 ata o domingo 23 na Alameda de A Ramallosa a cuarta edición do ‘Val Miñor Fest’, o primeiro festival de toda a comarca adicado á súa degustación e na que estará presente a cervexa creada este verán pola empresa local Trisk-Ale baixo o nome ‘Nigrán, equilibrio natural’.

    Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro do xoves polo litoral e do sábado en Parada

    O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán 'Equilibrio Natural', ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no roteiro guiado deste xoves 6 polo litoral con saída ás 10:00 horas desde a Alameda de San Campio en A Ramallosa e o sábado en Parada (roteiro de 'Os Mouros´) con saída ás 10:00 desde a rúa Areíña. As prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. O Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico. O seguinte roteiro será o martes 11 por Monteferro coincidindo co solpor.

    Nigrán conta xa coa sua propia cervexa promocional, ‘Nigrán, equilibrio natural’

    Non adoita o Concello de Nigrán de facer presentacións sobre todo nestes temas nos que a pandemia segue marcando a rutina diaria. Pero, como sinalou o alcalde de Nigrán, Juan González, "hoxe era de xustiza facela" para presentar a saída ao mercado da cervexa promocional Nigrán, equilibro natural saída da firma miñorana Trisk-ale fundada polos irmáns Andrés e Roberto Toledano e, a modo de acompañamento desta presentación, dar a coñecer un amplo programa de actividades para o mes de agosto "que se farán cumprindo polo miúdo todas as garantías sanitarias", sinalou o rexedor local.

    Nigrán ofrece un concerto íntimo de Carlos Nuñez a través de ‘Cultura no Camiño’

    O Concello de Nigrán ofrece na súa programación especial de agosto 'Nigrán, equilibrio natural' o concerto estelar de Carlos Núñez o sábado 15 no miradoiro de Monteferro dentro da súa xira 'Lugares Máxicos' e como parte do circuíto Cultura no Camiño.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.