O Concello de Nigrán abre do luns 3 de maio ao xoves 20 de maio o prazo de solicitude para participar no Campamento de Verán 2021 dirixido a crianzas nadas entre 2009 e 2018 (con 3 anos cumpridos ao inicio do mesmo) e que se celebrará nun centro educativo do municipio do 23 de xuño ao 30 de xullo. Como cada ano, está destinado a facilitar a conciliación da vida laboral, persoal e familiaras, estando as bases colgadas na web municipal www.nigran.es.
O campamento desenvolverase de luns a venres en horario de 9:00 h. a 14:00 h. con posibilidade de ampliación de 7:45h. a 15:15h. O prezo é de 75 euros en xornada reducida e 85 euros en ampliada, existindo bonificacións para familias con baixos recurso económicos cun prezo de 18,75 euros no horario reducido e 21,25 euros no segundo caso. As solicitudes deberán ser presentadas no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán (por cuestións sanitarias, luns, mércores e venres de 9:00 a 14:00 horas). Igualmente, os formularios de inscrición poden recollerse no Rexistro Xeral do Concello, no Centro de Información ás Mulleres (CIM), ou descargalas da páxina www.nigran.org.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao CIM, teléfono: 986 383081, correo electrónico: [email protected].