7.7 C
Pontevedra
Xoves, 1 de Decembro de 2022
Máis
    HomeVal MiñorNigránMergullarse na natureza é posible coas andainas saudables de Nigrán

    Mergullarse na natureza é posible coas andainas saudables de Nigrán

    O Concello de Nigrán ofrecerá de aquí ao 17 de decembro un novo programa de andainas todos os sábados destinado a fomentar o hábito de camiñar como un exercicio saudable.

    A primeira delas terá lugar este 12 de novembro con saída ás 10:00 horas desde a oficina de turismo Dunas de Gaifar cara a Ramallosa (ida e volta) e cunha duración aproximada de 60 minutos. Todos os roteiros serán á mesma hora, circulares, máximo de 2 horas de duración, e mediante inscrición previa en oficinaturismo@nigran.org (indicando nome e apelidos, teléfono e día da ruta na que se anotan) e se realizarán sempre e cando se reúnan un mínimo de 5 participantes.

    Recoméndase acudir sempre con roupa cómoda, calzado axeitado para camiñar e unha botella de auga. A información concreta sobre cada andaina está pendurada na web www.nigran.es.

    “Este ano engadimos marcha nórdica con gran éxito á nosa oferta deportiva municipal e agora incorporamos esta outra actividade. Apostamos por este tipo de exercicio ao aire libre porque queremos fomentar o hábito de camiñar en grupo: é saudable física e mentalmente, facilita a socialización e se adapta prácticamente a calquera idade e condición”, explica o alcalde, Juan González.

    COLABORACIÓNS

    Alba Guzmán Falcón, «Xoaniña de Deus»

    Alba Guzmán era, ata o de agora, unha autora practicamente descoñecida para o gran público, a pesar de contar no seu haber cunha morea de premios en certames de poesía e tamén de narrativa.

    Henrique Dacosta, «O estraño caso da bicicleta amarela»

    Henrique Dacosta vén de entregar ao prelo unha nova proposta narrativa. E digo “narrativa” e non digo ben, pois este volume, «O estraño caso da bicicleta amarela», leva o clarificador subtítulo de «Oito contos e unha traxicomedia» e tal é o contido da obra: oito relatos breves de extensión variable e unha pequena peza teatral, a primeira da que teñamos constancia e da que falaremos máis adiante.

    Xavier Queipo, «Algoritmos»

    «Algoritmos» é un libro sorprendente, algo que, vindo de Xavier Queipo, xa deixou de ser unha novidade. Non estamos a falar dunha novela, nin sequera dunha colección de contos, senón de algo diferente.

    Visión a corto plazo

    Estos días, hablando con varios amigos sobre la situación global del mundo, pues caímos en la conclusión de algo que salta a la vista, pero que nos olvidamos continuamente, la falta de visión a largo plazo de nuestros políticos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    73 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    40 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    5 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS