Tag: gustavo almeida
Gustavo Almeida actuará hoxe no espazo Dunas de Gaifar, Nigrán
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece este sábado 11 de xullo ás 22:30 no espazo deportivo Dunas de Gaifar (Panxón) o concerto do artista e ex-futbolista Gustavo Almeida presentando o seu último disco ‘Vértice’. A entrada será de balde pero con aforo limitado atendendo ás medidas de seguridade sanitarias actuais.