Domingo, 4 Maio de 2025

EU e Podemos presentan unha moción conxunta para que Nigrán adhírase ao sistema VioGen

Ademais dunha mellora na protección das vítimas da violencia de xénero, esta adhesión suporía cuadriplicar as subvencións que recibe Nigrán para a súa prevención

Esquerda Unida e Podemos presentaron o luns unha moción conxunta no Concello de Nigrán para a adhesión E PODEMOS presentaron este luns unha moción conxunta para a adhesión de Nigrán ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioGén), un proxecto destinado a previr as situacións de risco e protexer ás vítimas mediante a colaboración e coordinación das policía local de Nigrán co resto de policías.

Entre os obxectivos deste sistema están o de aglutinar ás diferentes institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero, integrando a información, proporcionar ás vítimas un ‘Plan de Seguridade Personalizado’, ademais de efectuar una labor preventiva.

Para José Cuevas Raposo e Antía Fernández González, voceiros de Esquerda Unida e Podemos en Nigrán, respectivamente, o ámbito municipal por ser o máis próximo á cidadanía, “é o marco idóneo para incidir de xeito decisivo na vida das mulleres e impoñer unha mensaxe clara e contundente contra a violencia de xénero, ademais de a través da colaboración coa Policía Local mellorar a protección das vítimas de violencia de xénero”.

Ademais dunha mellora na protección das vítimas da violencia de xénero, esta adhesión suporía cuadriplicar as subvencións que recibe Nigrán para a súa prevención.

Concretamente a Nigrán lle foron transferidos conforme ao establecido nese pacto a cantidade de 3.860,96 euros nos anos 2018 e 2019. Se o Concello de Nigrán estivera adherido ao Sistema Viogen, a cantidade recibida polo Concello de Nigrán podería multiplicarse por 4.