Un total de 70 mozos mexicanos foron recibidos polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, no seu comezo do Camiño Portugués pola Costa.
O rexedor enxalzou as marabillas do municipio e informo os mozos das bondades do Camiño Portugués da Costa. Tamén resaltou durante a recepción que “Baiona sempre xoga un papel principal de acollida” e este caso non ía ser diferente”.
Ademais Vázquez Almuíña recalcou que “é para o min un orgullo recibilos e poder facerlles de anfitrión na súa estancia na nosa vila que cada vez é máis internacional, convidándoos a que sexan os nosos novos embaixadores unha vez regresen aos seus países de orixe, xa que se levaron unha grata impresión desta vila”. O grupo chega da man da axencia “El Camino”.
Os peregrinos son un grupo de mozos que veñen facer o camiño de Santiago iniciándoo desde Baiona, chegarán a Santiago o próximo día 31, para despois dirixirse a Lisboa á xornada mundial da mocidade, que se celebrará do 2 ao 6 de agosto. Trátase de dous grupos:O club de kaiak de Culiacan e, Northridge School de cidade de México.
Un total de 70 mozos, de entre 15 e 25 anos, inician a súa camiñada a Santiago de Compostela desde Baiona. Saíron da oficina de turismo municipal e dirixíronse á ex-colexiata de Santa María de Baiona para selar as súas credenciais.