O Burgo-Baíña prepárase para acoller o luns, 14 de agosto, e o martes, festivo día 15, as festas de celebración en honra a Santa Marta.
O luns ás 20:00 h comenzarán as festas co concerto do coro de homes “Voces Baionaesas”. Ás 21:00h terá lugar a verbena a cardo do “Trío élite” e o grupo “Rock Q’ Mola”.
Ás 00:00 horas haberá unha gran tirada de fogos artificiais e de lucería a cargo da pirotecnia Argimiro Alborés.
O martes festivo, a xornada comezará pola mañá co percorrido polos distintos lugares da parroquia da Charanga “Nova Cubana” a partir das 10:00 h.
A Misa Solemne será ás 12:30h na Capela de Santa Marta seguida da procesión.
En canto aos actos relixiosos as misas comezarán o martes ás 8:00 da mañá e habera misas continuas ás 9:00, 10:00 e 11:00 horas. Xa pola tarde, as misas serán ás 18:00, 19:00 e a última ás 20:00 horas.
Xa pola noite, a partir das 21:00 h, será a gran verbena amenizada polo dúo “California” e polo trío“ Luces de Bohemia”.