Venres, 2 Maio de 2025

O Barbeira Season Fest celébrase este sábado “contra vento, marea e o que faga falta”

El festival, que se celebra en la Península de Santa Marta de Baiona, comenzará a las 14:00h y finalizará a las 22:00h.

Un ano máis, o Barbeira Season Fest ten que reinventarse a causa do mal tempo. A un día da celebración en Baiona do último festival de música do verán en Galicia, a organización ultima os preparativos do recinto da Península de Santa Marta.

“Fixemos un gran esforzo para cumprir estritamente as medidas de seguridade que marcan as autoridades sanitarias, temos todas as entradas vendidas, a confianza do público e as ganas dos grupos por subirse ao Escenario Mahou, a choiva non pode nin debe ser un impedimento contra todo isto. Ademais, habilitamos unha zona de carpas”, comenta o director do festival Isaac González. “Digo o mesmo que o ano pasado, cando nos veu encima aquel temporal a dous días da celebración do evento: en Galicia non se deberían suspender eventos por culpa da choiva, hai que integrala”, comenta. Ademais, González di que despois de toda a incerteza que padecemos por mor da pandemia, suspender por choiva sería absurdo. Moita xente depende disto. Hai que seguir contra vento, marea e o que faga falta”, finaliza.

Música e alta cociña

Ás 14:00 horas, ábrense as portas do recinto e a zona gastro “Aceites Abril”. Os chefs de Cociña Ourense empezarán a elaborar os seus pratos para o público que poderán comer alí mesmo a un prezo alcanzable mentres a DJ Paula Docampo arrinca a súa sesión. Ás 16:00 h. comezan os concertos no Escenario Mahou por esta orde: Ortiga, Lisasinson, La La Love You e Ginebras. Ás 22:00 horas despídese o festival de novo na zona gastro.

O Barbeira Season Fest está organizado pola promotora de eventos Elemental Street e conta co apoio do Concello de Baiona e Mahou, como patrocinadores principal, e a colaboración de Aceites Abril, Galicia Calidade, Deputación de Ourense, El Afilador e Lolea.