O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, fixo entrega das placas con motivo da xubilación de 8 empregados públicos, funcionarios e persoal laboral, que finalizaron a súa etapa durante o ano 2020, o 2021 e este ano 2022. O acto de recoñecemento pospúxose ata que a situación sanitaria foi idónea para a súa celebración.
O Alcalde detívose un momento para agradecer o traballo que cada un e unha desenvolveu nestes anos á vez que lles desexou que gocen na nova etapa de xubilación que se lles abriu na fronte. Igualmente, pediulles que sigan “colaborando e traballando activamente polo municipio, e lembroulles que nunca perdan o “sentimento de pertenza” co Concello onde “sempre teredes as portas abertas. Foron moitos anos dedicados a esta casa, sostivo o mandatario, polo que “sempre seredes recoñecidos como parte do pasado, presente, e, tamén, futuro” de aquí.
As 8 persoas protagonistas do día
Entre os empregados públicos, funcionarios e laborais, que se xubilan ou se xubilaron en 2020, 2021 e 2022 figuran: José Carlos Vilas, operario de servizos múltiples (xubilado en 2020); Xosé Alfredo Pereira, condutor camión lixo (xubilado en 2020); Rafael Vilar, administrativo (xubilado en 2021); José Manuel Silva, operario de servizos múltiples (xubilado en 2021); Manuel González Alonso, operario de servizos múltiples (xubilado en 2021); Concepción ( Nini) Vilar, adxunta a intervención (xubilada en 2022) e José Ramón Giraldez, policía local (xubilado en 2022).