O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local de Baiona, deseñou un plan especial de tráfico con motivo da tradicional ‘Festa da Bicicleta’ o próximo domingo 5 de xuño.
Os tres concellos do Val Miñor volverán a pedalear xuntos esta 32 edición. Recuperarán o formato habitual pre-pandemia tras dous anos sen poder celebrarse conxuntamente.
A saída de Baiona realizarase a partir das 10:45 dende a entrada do Parador. A partir desta hora procederáse a dar saída ao grupo de ciclistas dunha forma controlada pola PO-552 con destino ao Pavillón de Deportes de Panxón. Tras a entrega de premios faráse o regreso a Baiona no mesmo xeito ca saída. Estímase que o pelotón baionés chegue a Vila en torno as 14:00 h. Trataráse dun corte dinámico da circulación.
As persoas participantes deberán presentarse o menos 45 min antes da saída coa súa bicileta e casco (obrigatorio para participar) para poder inscribirse e recoller o seu dorsal definitivo.