12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona pone en marcha un programa de compostaxe domiciliaria

    Baiona pone en marcha un programa de compostaxe domiciliaria

    O Concello Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, leva a cabo unha campaña de compostaxe domiciliaria para promover a reciclaxe da fracción orgánica dos residuos en orixe.

    “Poderán participar  as veciñas e os veciños da localidade, que recibirán de forma gratuíta os medios necesarios para poder elaborar compost a pequena escala e tamén a formación necesaria sobre cómo reciclar eses residuos”, sinala o Alcalde, Carlos Gómez Prado.

    As accións de difusión iniciáronse hoxe coa instalación dun posto informativo no Mercado de Sabarís que marca o inicio deste programa. “As persoas que queiran participar recibirán información sobre a técnica de autocompostaxe e deberán inscribirse previamente para, nunha segunda fase, proceder a seleccionar aos participantes e tamén entregarlles os medios materiais e asesorándoos por parte de persoal técnico especializado”, explica.

    O rexedor local apuntou que xa están programadas as xornadas de difusión que se levarán a cabo para esta campaña co fin de sensibilizar á poboación sobre a importancia e as vantaxes da compostaxe domiciliaria.

    Gómez Prado explica que un dos obxectivos desta campaña é procurar unha saída aos residuos orgánicos que se xeneran nos fogares e, tamén evitar que a xente tire restos vexetais ou de podas nos contenedores municipais ou na propia vía pública.

    “Esta é unha iniciativa máis das programadas na área de educación ambiental, pensada para mellorar a eficacia da recollida selectiva a través da separación previa da materia orgánica en orixe e permitindo así reducir o volumen de residuos que a diario recolle o servizo de recollida de residuos sólidos urbáns”, asegura.

    Todos aqueles veciños interesados en participar no marco do programa da “Compostaxe doméstica no Concello de Baiona” poderán realizar a solictude do composteiro indivual a través da páxina web do Concello de Baiona: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe8dikPGuy39jsvxzemnvhPoIM41sGNJ7g2oXSJgxIhAACjig/viewform.

    Entre os requisitos para solicitar o composteiro figuran:

    Ser maior de idade.

    • Estar empadroado no Concello de Baiona ou pagar o recibo da taxa do lixo aquí.
    • Solicitarase un único composteiro por unidade familiar.
    • O composteiro deberá permanecer no termo municipal de Baiona para realizar o seguimento.
    • Dispoñer dun terreo onde instalar o composteiro individual para pechar o ciclo da materia orgánica.

    Máis información a través da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona situada no primeiro piso da Casa Consistorial ou chamando ao 986385919. Horario de atención ao público de luns a venres de 9 a 14 h.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.