O Multiusos Mercado de Sabarís acolleu o sábado 7 de xaneiro ás 12:00 h o acto de entrega dos diplomas ás persoas gañadoras do Certame de Micro-beléns e do Belén familiar en domicilio particular organizado pola Asociación de Empresarios Coemsa de Sabarís en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Baiona.
Na categoría de micro-belén máis orixinal resultou gañadora a Familia Ferreiro, mentres que na categoría de micro-belén máis laborioso resultou gañador o Centro de Día Aprehendo de Gondomar Respecto e ao premio ao micro-belén máis popular, tivo como resultado gañador a José Ángel González Goce.
Este certame compleméntase coa categoría Belén familiar en domicilio particular do que resultou gañador José Da Costa Martínez.
A finalidade deste certame foi a de potenciar as artes plásticas e as manualidades, incentivar a creatividade, así como conservar as tradición e fomentar as actividades en familia.
[su_image_carousel source=”media: 65995,65994,65992,65991″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]