9.8 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona convoca subvencións para asociacións para a realización de actividades culturais

    Baiona convoca subvencións para asociacións para a realización de actividades culturais

    O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, convoca unha liña de subvencións destinadas a centros, entidades ou asociacións do Concello de Baiona sen fins de lucro, para as actividades culturais que se desenvolveron durante o ano 2022.

    “Estas axudas económicas teñen a finalidade de sufragar parte dos gastos ocasionados pola realización de proxectos ou actividades culturais, relaciondas co achegamento á comunidade das artes plásticas, literatura, teatro, música, divulgación das ciencias e demais manifestacións culturais e artísticas, que contribúan ao fomento dos intereses xerais da veciñanza do municipio e, en especial, á promoción ou recuperación da cultura e tradicións locais”, sinala o Alcalde, Carlos Gómez Prado.

    As solicitudes deberán presentarse únicamente pola Sede Electrónica do Concello de Baiona (https://baiona.sedelectronica.gal/info.0) ata o 20 de decembro de 2022. Toda a documentación e anexos necesarios atópanse no taboleiro de anuncios da web municipal. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados dispoñibles na páxina web do Concello de Baiona www.baiona.gal.

    Máis información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona: cultura@baiona.gal ou no teléfono 986385921.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS