A praza do Concello de Baiona acolleu esta mañá o acto de clausura da segunda quincena do campamento urbano ou0fertado de forma gratuíta a través da concellería de cultura.
A actividade e está destinada a menores de 5 a 12 anos.
A Concellería organiza esta actividade para ofrecer a posibilidade de que os nenos e nenas empreguen o seu tempo libre estival participando en actividades de forma organizada e planificada, a través de actividades de calidade, promovendo a corresponsabilidade, a cooperación, a educación en valores, coñecendo os espazos públicos municipais, e fomentando a convivencia entre as persoas máis pequenas.
Para a celebración das actividades establecéronse dúas quendas no mes de agosto: do 1 ao 12 de agosto e do 16 ao 31 de agosto. Os horarios son de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas e hai 30 prazas por quenda.
Durante o campamento desenvolveuse un programa de actividades de lecer e tempo libre previamente programado. Houbo distintas clases de xogos: de presentación, de cooperación, de integración… visitas a distintos monumentos, museos, prazas e praias da vila. Entre as actividades programáronse visitas á Carabela Pinta, á Casa da Navegación, á Virxe da Roca, ao Parador de Turismo Conde de Gondomar, á Estatua de Martín Alonso Pinzón, ao monumento “Atopo entre dous mundos”, ao porto… Tamén se realizou un tramo do Camiño Portugués pola Costa, unha recollida de residuos na praia e unha festa temática para este fin de quenda.
A concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, fixo entrega dun diploma a cada un dos nenos e nenas participantes na actividade que intercambiaron coa concelleira as súas impresións acerca de loas actividades na que participaron estes días de campamento urbano.