9 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona abre o prazo de inscrición para a 'Escola de Verán 2021'

    Baiona abre o prazo de inscrición para a ‘Escola de Verán 2021’

    A Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona abre o parazo de inscrición para participar na Escola de Verán 2021, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas nacidos entre o ano 2009 e 2017 en cuxas familias ambos os proxenitores atópense en situación laboral activa ou familias monoparental/monomarental en situación laboral activa.

    O programa desenvolverase ao longo do mes de xullo de luns a venres de 8:00 h a 15:00 h no CPI Cova Terreña e no CEP de Sabarís. Haberá flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 h a 9:15 h) e no horario de saída (de 13:45 h a 15:00 h).

    O Campamento de Verán ten como obxectivo facilitar ás familias do municipio un recurso para conciliar a vida laboral, persoal e familiar, establecendo un servizo sociocomunitario que mellore a calidade de vida do territorio, potenciando ademais a optimización de recursos a través da utilización dos centros educativos municipais fóra do horario lectivo.

    As persoas interesadas poden solicitar praza desde o luns 10 de maio até o luns 24 de maio, ámbolos dous incluidos. As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar a solicitude de inscrición (Anexo I) debidamente cumprimentada e asinada, xunto coa documentación requirida no art. 9 e 12 das bases, no rexistro de entrada do Concello de Baiona de luns a venres en horario de mañá, solicitando cita previa no teléfono 986 356 779, ou a través da sede electrónica do Concello de Baiona.

    No caso de solicitudes presentadas pola sede electrónica, estas poderán presentarse en calquera hora ou día durante a vixencia do prazo de solicitudes até o luns 24 de maio ás 14:00 horas.

    As bases que rexen esta convocatoria, xunto cos anexos, estarán a disposición das persoas interesadas na páxina web do Concello de Baiona(www.baiona.gal), no taboleiro electrónico e no rexistro xeral de entrada do Concello de Baiona (é necesario solicitar cita previa no 986356779). Tamén poden solicitarse a través do enderezo electrónico cim@baiona.gal ou administrativo.cim@baiona.gal ou no CIM, solicitando cita previa no teléfono 986/35 75 54.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.