A Concellería de Turismo do Concello de Baiona informa de que o luns 23 de maio, ás 00:00 horas, abrirase o prazo de inscrición do terceiro roteiro guiado. Trátase dunha ruta gratuíta para observar e coñecer o comportamento dos garranos, cabalos salvaxes da serra da Groba, na súa contorna natural.
Ante o gran éxito de participación e a demanda de prazas, as inscricións canalizaranse unicamente a través de correo electrónico por orde de entrada cun máximo de 4 persoas por solicitude.
Inscrición previa obrigatoria exclusivamente por correo electrónico: [email protected]. Prazas limitadas: 20 persoas (a partir de 6 anos).
O terceiro roteiro “Safari Etológico de Garranos” será o domingo, 5 de xuño, e o horario de saída será as 09:00 h. O punto de encontro é o exterior da Oficina de Turismo de Baiona de onde sairá o autobús que leve ás persoas participantes ata o Monte da Groba para gozar dunha experiencia única.