12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaiona25 mulleres participaron este sábado no curso de defensa persoal de...

    25 mulleres participaron este sábado no curso de defensa persoal de Baiona

    25 mulleres participaron este sábado no curso de defensa persoal para previr situacións de violencia de xénero.

    A concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, visitou o sábado no pavillón de deportes ás mulleres participantes no curso de formación en técnicas de defensa persoal. A actividade foi solicitada polo Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade á Secretaría Xeral de Igualdade, a través das actividades que oferta aos concellos integrantes da rede de entidades locales contra a violencia de género.

    No curso, no que participaron 25 mulleres, incidiuse na importancia da prevención para evitar riscos, dotando ás participantes das competencias necesarias para aplicar técnicas de defensa persoal e para ampliar os seus coñecementos de autoprotección.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.