16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Concello inicia o reparto das axendas escolares para o curso 2021/2022...

    O Concello inicia o reparto das axendas escolares para o curso 2021/2022 que inclúen unha lembranza ás Mulleres da Illa

    A alcaldesa Digna Rivas asistiu hoxe no CEIP Plurilingüe Quintela ao reparto que se está a realizar entre o alumnado de infantil e primaria

    “É importante que as axendas escolares, amais de ser unha ferramenta de comunicación útil entre alumnado, familias e profesorado, sirva para poñer en valor episodios da historia do municipio para que os máis novos a coñezan e poidan transmitila a vindeiras xeracións”, asegurou hoxe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que asistiu a entrega destas Axendas Escolares 2021/2022 ao alumnado do CEIP Plurilingüe Quintela.

    De feito, a axenda escolar de Redondela, iniciativa da Concellería de Ensino que xestiona Olga García, está pensada como un instrumento útil entre a comunidade educativa e de axuda á planificación do traballo das e dos escolares.

    Dado que este ano 2021 é para o concello de Redondela ‘O ano das Mulleres da Illa de San Simón’ a axenda escolar inclúe nas súas primeiras páxinas as fotos de todas e cada unha das ‘madriñas’, as mulleres que foron quen de achegar esperanza e dignidade aos presos políticos que esperaban, na illa de San Simón, un futuro incerto.

    Amais das fotografías destas “auténticas heroínas”, como as describiu a rexedora redondelá, a Axenda Escolar 2021/2022 inclúe unha breve historia destas mulleres “para que a nosa infancia e mocidade, nunca esqueza a que, con grave risco das súas vidas, teceron unha auténtica rede solidaria de axuda aos presos políticos”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.