7.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: cita previa

    Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de febreiro

    O vindeiro luns día 7 de febreiro de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de febreiro de 2022.

    Reactívase a cita previa para a atención nos distintos servizos municipais

    O Concello de Tui vén de reactivar a cita previa para que a cidadanía poida ser atendida nos distintos departamentos municipais.

    Novo número de teléfono para a cita previa das persoas usuarias dos Servizos Sociais de Chapela

    A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, xestionada por Iria Vilaboa, vén de dar conta da avaría sufrida pola liña telefónica fixa utilizada polas persoas usuarias dos Servizos Sociais de Chapela para solicitar cita previa.

    O Concello amplía a cita previa telefónica e por internet ao servizo de renovación do DNI

    O Concello de Ponteareas ampliou o sistema de cita previa telefónica e por internet ao servizo de renovación do DNI que presta a Policía Nacional na Casa do Concello cada dous meses. Este sistema de atención cidadá súmase ao de Estatística e Padrón onde se implantou no mes de agosto do pasado ano.

    A partir do día 1 poderase solicitar cita para a renovación do DNI na Casa do Concello

    A Concellería de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, informa que o equipo móbil da Policía Nacional renovará os documentos nacionais de identidade en Ponteareas o vindeiro 18 de febreiro.

    O Rosal atenderá exclusivamente ao público no Concello baixo o sistema de cita previa

    Ante a actual situación sanitaria, con todos os municipios de Galicia en nivel de alerta máximo, o Concello do Rosal pasará desde este mesmo martes 26 de xaneiro a atender ao público soamente con cita previa. Poderá solicitarse chamando ao teléfono 986 62 50 00 ou enviando un correo electrónico ao enderezo notifica@concellodorosal.es.

    Citas para a renovación do DNI na Guarda no mes de xaneiro

    O vindeiro xoves día 17 de decembro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de xaneiro de 2021.

    A presentación de documentación para a ‘Ventanilla Única’ no rexistro de entrada de Tui precisará cita previa dende o próximo luns

    O Concello de Tui informa que a partir do próximo luns, 19 de outubro, para presentar documentación á Ventanilla Única no rexistro de entrada na casa do concello deberase solicitar cita previa no 687 22 71 90. A presentación de documentación dirixida ao propio concello e de competencia municipal poderá seguir a facerse sen cita previa.

    Dende hoxe 1 de setembro non será preciso solicitar cita previa no rexistro de entrada no Concello de Tui

    O Concello de Tui anuncia que dende hoxe, día 1 de setembro, non será preciso solicitar previa no rexistro de entrada na Casa do Concello de Tui. As persoas que precisen presentar documentación por rexistro de entrada só terán que achegarse ata a casa do concello onde serán atendidos na entrada habilitada dende a fachada principal.

    Ponteareas reforza a oficina de Padrón e Estatística con máis persoal e cita previa automatizada telefónica e na web

    O goberno local de Ponteareas reforzou esta semana a Oficina de Padrón e Estatística coa incorporación dun novo traballador, que se engade aos dous habituais do servizo. Ao mesmo tempo, entrou en funcionamento o sistema de cita previa automática a través da web do Concello e do teléfono 886405106.

    O Concello de Redondela retoma a súa actividade presencial pero con cita previa

    O luns 25 de maio, veciñas e veciños de Redondela poderán realizar trámites presenciais nas distintas dependencias do Concello, aínda que terán que facelo solicitando cita previa no teléfono 986 400 300, onde se lles indicará a data e hora e as recomendacións de seguridade a seguir.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.