Domingo, 4 Maio de 2025

A Biblioteca Valle-Inclán de Redondela acolle a presentación do libro ‘Peúgo, o calcetín melenudo’

A presentación, o 25 de novembro ás 18:30 horas, contará ademais cun contacontos e obradoiro realizados pola propia autora, Jessica Rodríguez Piñeiro

A Biblioteca Municipal ‘Valle-Inclán’ de Redondela únese á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha actividade infantil ao redor do álbum ilustrado ‘Peúgo, o calcetín melenudo’, que terá lugar o vindeiro 25 de novembro, ás 18:30 horas.

Trátase dunha proposta dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e 9 anos na que, a presentación do libro, vai acompañada dun contacontos e máis un taller, e que correrán a cargo da propia autora: Jessica Rodríguez Piñeiro, mestra do CEIP Plurilíngüe de Cedeira e nominada en dúas ocasións aos premios Educa-Mellor Docente de España.

A actividade é totalmente de balde pero precisa inscrición previa na Biblioteca Municipal ou no teléfono 986 401561