Sábado, 3 Maio de 2025

Salvaterra de Miño dará axudas de 75 € para compra de material escolar de infantil

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño vén de aprobar as axudas de 75,00 € destinadas á adquisición de libros e material escolar de infantil, para o curso 2020-2021. O obxecto destas axudas, sinala a alcadesa Marta Valcárcel, “é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas”. A iniciativa está dirixida a alumnos e alumnas dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do municipio.

      O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 28 de agosto de 2020, ambos inclusive. Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servicios Sociais, martes, mércores e xoves de 09:00 h a 13:00 h, previa cita telefónica no 697 911 050. Mais información, bases e modelo de solicitude en www.concellodesalvaterra.com.