Sábado, 3 Maio de 2025

O CRA A Lagoa presenta á alcaldesa de Salvaterra un anteproxecto para restauración e mantemento das escolas infantís

O pasado xoves 29 de abril de 2021 o CRA A Lagoa presentáballe á alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, un anteproxecto para a restauración e mantemento das escolas infantís nunha iniciativa que tenga dar resposta ás novas situacións educativas, “pensando sempre no beneficio do alumnado que acode ás mesmas”, sinalan dende o CRA.

Cómpre salientar que moitas destas escolas datan dos anos 60 polo que a necesidade de adaptación aos tempos actuais foi entendida como necesaria por parte do Concello de Salvaterra de Miño.

Trátase dun proxecto que se iniciará este curso e que, de xeito gradual, pretende abordar a totalidade das escolas que conforman o CRA  A Lagoa.

Neste proxecto contarase coa colaboración e implicación non só do Concello de Salvaterra senón tamén coa ANPA Pequeniños e as distintas Asociacións Veciñais da zona.

“A colaboración das familias, resulta fundamental para levar a cabo este proxecto que ten como obxectivo a contribución á mellora da escola pública”, sinalan os promotores desta iniciativa.