13 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: máscaras de

    A Asociación El Nor entrega 500 máscaras de seguridade para Policía Local e Protección Civil de Tui

    A asociación musulmá El Nor de Tui realizou unha doazón de 500 máscaras FPP2 de seguridade para a Policía Local, Protección Civil, e os equipo de desinfección municipal. Tamén nos próximos días entregarán luvas de nitrilo para estes servizos.

    O Concello de Salvaterra proverá de mascaras de protección ás persoas de risco

    O Concello de Salvaterra de Miño vén de anunciar que ten máscaras sanitarias de protección a disposición de todas aquelas persoas de risco "que se teñan que desprazar ao médico e non teñan material de protección". As persoas interesadas poderán solicitalas a través do teléfono 697 911 050, en horario de 9 h a 13 h.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.