22.5 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoDúas persoas resultan feridas nun accidente entre dous coches en Salvaterra de...

    Dúas persoas resultan feridas nun accidente entre dous coches en Salvaterra de Miño

    Un accidente entre dous vehículos rematou, onte, con dúas persoas feridas, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño.

    Pasadas as 14:00 horas de onte, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de condutores particulares que acababan de ver unha colisión entre dous coches na autovía A-52, arredor do punto quilométrico 287, en sentido a Benavente. As persoas afirmaban que un dos turismos estaba envorcado e que descoñecían se os ocupantes estaban atrapados no interior.

    Inmediatamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Salvaterra, ao GES-SPEIS de Ponteareas e aos Bombeiros do Porriño. Ademais tamén se alertou aos membros de Protección Civil da localidade e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061.

    Unha vez chegados ao punto, os medios movilizados confirmaron que non había ninguén atrapado nos vehículos e que, finalmente, dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

    Para garantir a seguridade da vía e restablecer a circulación, o 112 Galicia tamén lle deu aviso ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento da estrada.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.