Como todos os anos a Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, presenta a programación que ofrece o Concello de Salvaterra aos seus veciños e veciñas para o verán, baixo o lema “Un agosto diferente pero seguro en Salvaterra”.
Un ano diferente pero seguro, onde o compromiso coa cultura non podía faltar, aínda que sexa adaptado a nova situación que estamos a vivir. Ademais, será unha maneira de lecer diferente que faga un pouco máis ameno o verán, e aínda que as festas principais terán que esperar ao 2021, este ano non podemos esquecer a Festa do Viño, que marcará un antes e un despois nunha das festas máis antigas do noso concello.
Achegámonos ao mes de agosto e con el comeza a programación do Verán Cultural. Dende o Concello trabállase para ofrecer unha programación variada e con todas as seguridades na nova normalidade, unha programación feita e pensada para gozar en familia. Cinema, teatro e música terán ou seu espazo, utilizando como espazo central a Praza do Concello, ubicación que permite delimitar e ter un control estricto de aforo.
Ademais, como medidas de seguridade pídese asistir cunha hora de antelación para aplicar as medidas do protocolo, desinfección de mans, ocupar as cadeiras asignadas, acudir con masacrilla e os nenos e nenas sempre estarán acompañados dun adulto.
