Domingo, 4 Maio de 2025

A alcaldesa de Salvaterra de Miño reúnese coa oposición para informar das medidas adoptadas ante a Alerta Vermella

Ante a declaración de ALERTA VERMELLA recibida por parte do SERGAS no Concello de Salvaterra de Miño no día de hoxe, o grupo do Goberno local informou a todos os grupos da oposición sobre as novas medidas que se adoptarán  para evitar a propagación do virus, así como compartir as diferentes impresións sobre a situación actual na que se atopa a comarca.

Todo isto para garantir un cumprimento das normas e unha unidade fronte á crise sanitaria que está a vivirse neste ano 2020.

As medidas de obrigada necesidade son as seguintes:

  • Peche do Mercadillo Municipal (martes e xoves)
  • Peche dos pavillóns
  • Peche das aulas de actividades das distintas Casas de Cultura
  • Peche do Parque de A Canuda e a zona Polideportiva
  • Peche do Museo

Estas medidas entrarán en vigor a partires de mañá xoves 22 de outubro ata novo aviso.

Desde o Concello faise un chamamento a toda a poboación  para extremar as medidas distanciamento e actuar coa responsabilidade que require a situación.