Domingo, 4 Maio de 2025

Silvia Núñez, gañadora do concurso «Remata o conto»

Marta González e Remedios Paz fanse co segundo e terceiro premio, respectivamente, deste certame organizado por Banastra Centro Comercial Aberto de Ponteareas

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas que dirixe Fernando Groba, entregou os premios do concurso «Remata o conto» acompañado de representantes de Banastra Centro Comercial Aberto, organizadores da iniciativa.

O xurado formado por Manrique Fernández, escritor, xornalista e colaborador habitual de Comarcas na Rede; o concelleiro de Cultura e pola traballadora do Departamento de Dultura, Sofía Rodríguez, elexíu como gañadora desta edición a Silvia Núñez Álvarez, recaendo en Marta González Alonso o segundo premio e o terceiro en Remedios Paz Pino.

Na entrega de premios as tres gañadoras deron lectura á súa historia para que tódolos asistentes puideran gozar da súa creatividade.

Fernando Groba agradece a todos e todas as participantes a súa aportación e anímaos “a seguir presentándose e a seguir sendo bos lectores e mellores escritores”.