Tag: bombeiros ponteareas
Dúas persoas trasladadas tras producirse un incendio nunha vivenda en Ponteareas que obrigou a desaloxar aos veciños do edificio
Tres persoas precisaron de asistencia sanitaria tralo incendio que se produciu nun edificio da céntrica rúa Rosalía de Castro de Ponteareas. Dúas das persoas tiveron que ser trasladadas ao centro sanitario de referencia e unha terceira puido ser atendida no mesmo lugar do suceso polos profesionais sanitarios.
Os populares de Ponteareas solicitan un novo vehículo para bombeiros
O Grupo Municipal do PP solicitou ao responsable de Emerxencias e Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, un vehículo actual e moderno que permita ao servizo de Bombeiros de Ponteareas, que atende semanalmente centos de servizos en toda a comarca, “dispoñer dun vehículo con capacidade para efectuar os desprazamentos en condicións, poder chegar no menor espazo de tempo e atender as emerxencias que xorden”, explicou a portavoz local, Belén Villar.
Os bombeiros de Ponteareas desenvolven 60 intervencións polo temporal nunha semana
O forte temporal que nestes días afecta a Galicia non só se deixa sentir na costa senón que tamén o fai no interior. Os bombeiros de Ponteareas, no corto espazo dunha semana, levan realizadas máis de 60 actuacións para solventar incidencias provodadas pola meteoroloxía adversa.
O profesorado do CEIP Santiago de Oliveira recibe formación en primeiros auxilios
A concellería de Saúde, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, ven de entregar ao CEIP Santiago de Oliveira un desfibrilador que recibiron da man dos bombeiros municipais. Ademais de facer entrega deste novo equipamento, os bombeiros ofreceron formación de primeros auxilios para os mestres e mestras do centro educativo que valoraron positivamente