Sábado, 3 Maio de 2025

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi impulsan varias iniciativas para que o Corpus siga a ser a festa grande

A crise sanitaria provocada pola COVID-19, o confinamento e as fases medidas de desescalada que se están a desenvolver, fan que celebracións senlleiras téñanse que reinventar. O Corpus Christi de Ponteareas, declarado Festa de Interese Turístico Internacional é un bo exemplo.

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi non quere que estes días “pasen desapercibidos” así que, con imaxinación e ganas, veñen de poñer en marcha iniciativas tan diversas coma novidosas, para que o Corpus siga a ser o que é, o elemento que aúna a un pobo e que o fai traballar na procura dun fin común.

Pide a Asociación que, de entrada, veciñas e veciños adobien os seus balcóns como se fai habitualmente o como eles din “como se fora un día de festa normal”. Xorde así a idea do ‘Corpus de Balcón’, unha idea que busca a decoración de todos os balcóns e fiestras da vila do 13 ao 14 de xuño, “unha idea que tamén se pode desenvolver nas parroquias para conseguir –sinala a Asociación de Alfombristas– un Corpus que agrupe e abranga a todo o municipio” e, postos xa a facer unha decoración extensiva, tamén se inclúe aos e ás emigrantes de Ponteareas para que “alín onde vivan, decoren o seu balcón e leven o Corpus a todos os confins do mundo”.

Olor a Corpus

Todo aquel que tivo ocasión de vivir o Corpus o sabe perfectamente. O Corpus ten un especial olor. Non se trata dunha frase feita o dunha expresión que reflicte un sentimento (que tamén). O Corpus cheira porque as toneladas de flores e elementos vexetais utilizados para os tapices florais enchen as rúas, portais e casas dun cheiro especial, distintivo e único que, unha vez sentido, ninguén pode esquecer.

A Asociación propón, para manter ese ‘cheiro a Corpus’, estender polos laterais das rúas polas que tradicionalmente pasa a procesión “ramas de fiuncho durante a semana do Corpus, como se facía antigamente”. E outra forma, a través do olfato, de que a xente sinta a festa, a súa festa como o fai todos os anos dende hai preto de dous séculos.

Os comercios, en primeira liña

Os comercios de Ponteareas non quixeron estar ausentes do Corpus Christi e tamén botaron man da imaxinación –diso nunca faltou, falta nin faltará na vila do Tea– para celebrar a festa grande.

[su_image_carousel source=”media: 16205,16207,16208″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Uns, como Decoración Romero, foron quen de aunar, nun tapiz floral, dous dos elementos máis tradicionais de Ponteareas: a música e a arte floral. Nada mellor para facelo que unha pequena e fermosísima alfombra que recolle os primeiros compases do pasodoble ‘Puenteareas’ do mestre Reveriano Soutullo.

[su_image_carousel source=”media: 16190,16189″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Outros, como Zapatería Clos, optaron por un medio útil de visibilizar o Corpus ponteareán en tempos de pandemia e nada mellor que facer máscaras de protección adobiadas con motivos florais.

Finalmente, a Asociación colaborou coas persoas residentes en Domus VI Salesas de Vigo, que querían facer unha pequena alfombra floral.

[su_image_carousel source=”media: 16204,16203,16191,16192,16193,16194,16199,16198,16197,16195,16201,16202,16200,16196″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Todas estas iniciativas fan, ao entender da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, que a festa ‘siga viva’ pese ás limitacións e restricións impostas pola crise sanitaria e á espera que, no ano 2021, o Corpus Christi de Ponteareas volva a inundar as rúas e a enchelas dun cheiro que só Ponteareas pode ter.