9.6 C
Pontevedra
Domingo, 3 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: asociación de alfombristas do corpus christi

    A Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas poderá plantar hortensias na contorna da rotonda de Canedo

    Tras a solicitude realizada por parte da Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana o pasado 29 de xaneiro, onte día 17 de febreiro recibiron a autorización solicitada para a realización de plantacións de hortensias.

    A Asociación de Alfombristas de Ponteareas apoia a candidatura do mestre Rogelio Groba ao premio Princesa de Asturias das Artes

    A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas vén de amosar o seu apoio á candidatura do mestre ponteareán, Rogelio Groba ao Premio Princesa de Asturias das Artes, un galardón que promove e difunde o patrimonio universal dos valores científicos, culturais e humanísticos. O Premio "sería un extraordinario recoñecemento para unha persoa que, como o mestre Rogelio Groba, manifestou ao longo de toda a súa vida un exhaustivo coñecemento e un profundo amor pola cultura musical, tanto polo seu recoñecemento no plano nacional, como para a difusión da súa riqueza patrimonial no exterior".

    Ponteareas e Uriangato (México) unidos polo ‘V Encontro Internacional de Alfombristas Virtual’ que se celebra o 6 de outubro

    A Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas vén de recibir unha invitación para participar no V Encontro Internacional de Alfombristas Virtual de Uriangato 2020', actividade que terá lugar o día 6 de outubro con motivo das festas de San Miguel Arcanxo da localidade mexicana.

    A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi impulsan varias iniciativas para que o Corpus siga a ser a festa grande

    A crise sanitaria provocada pola COVID-19, o confinamento e as fases medidas de desescalada que se están a desenvolver, fan que celebracións senlleiras téñanse que reinventar. O Corpus Christi de Ponteareas, declarado Festa de Interese Turístico Internacional é un bo exemplo.

    Os reis de España agradecen a invitación da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas

    Os reis de España Felipe VI e Leticia Ortíz, a través dun escrito enviado polo xefe do gabinete de planificación e coordinación da casa da súa Maxestade o Rey, Emilio Tomei de la Vega, e dirixido ao presidente da asociación de alfombristas do corpus Christi de Ponteareas Miguel Angel García Correa, "lamentan sinceramente a noticia da suspensión do Corpus Christi 2020" ao mesmo tempo que agraceden a invitación "para asistir á festividade do próximo ano".

    Ponteareas participara na ofrenda floral das Festas do Pilar de Zaragoza cunha alfombra de flores

    A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, vén de ser convidada polo Concello de Zaragoza para participar na festa da Virxe do Pilar onde a delegación ponteareá fará unha ofrenda floral, confeccionando unha alfombra de flores como as que se fan na vila do Tea con motivo da festa do Corpus.

    Valladolid réndese ao arte floral ponteareán na festa da Virxe de San Lorenzo

    Os medios informativos de Castela-León dedicaron, durante toda a semana detalles sobre a alfombra floral que a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas ía a realizar na Praza Maior da capital castelá para o paso da Virxe de San Lorenzo. Esa cobertura informativa fixo que, durante toda a mañá de onte, milleiros de persoas achegásense a admirala e a felicitar polo seu traballo aos membros da delegación de Ponteareas alí presentes.

    A Asociación de Alfombristas de Ponteareas realizará unha alfombra floral en Valladolid

    A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, foi convidada polo Concello de Valladolid para participar na festa da Virxe de San Lorenzo, para o que elaborará unha alfombra na Praza Maior da capital castelá. Para iso compoñentes da Asociación de Alfombristas de Ponteareas viaxarán o próximo día 7...

    Román Rodríguez felicita aos alfombristas de Ponteareas que cubrirán a Grand Place de Bruxelas

    O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe na praza do Obradoiro á recreación dunha alfombra floral co logo do Xacobeo 21. Trátase dun adianto da monumental alfombra que os membros da Asociación de Alfombristas de Ponteareas...

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.