O vindeiro domingo, 24 de marzo, ACD Sanomedio, coa colaboración do Concello das Neves, organizan a VIII ruta BTT ‘Los 66 del Requesón’, e unha nova ruta de Sendeirismo polos montes da vila. Ámbalas dúas actividades forman parte da programación da Festa do Requeixo, que terá lugar nas Neves os días 19 e 20 de abril.
A Ruta BTT, ten dous percorridos de dificultade media: un longo de 66 quilómetros e outro curto de 33 quilómetros. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición nesta ligazón da ACD Sanomedio.
A organización pon a disposición dos participantes: duchas, lavado de bicis, ‘Coche escoba’, ambulancia medicalizada, avituallamentos (un sólido máis un líquido, dous líquidos máis froita) e asistencia e ruta. Ó finalizar a proba habilitarase unha zona de asistencia fisioterapéutica da man de Equilibrio; Centro de Rehabilitación, Fisioterapia, Osteopatía e Biomecánica para os participantes que o precisen.
Ademais, na meta os deportistas terán agardando un prato de pasta, requeixo e viño de Rubiós. O prezo xeral é de 10€.
Sendeirismo
Paralelamente a esta BTT terá lugar unha Ruta de Sendeirismo por Cerdeira que finalmente terá a distancia duns 8 quilómetros e pensada para todas as idades. Dispón de avituallamento sólido e líquido e de Seguro de Accidentes e desplazamento en autocar de ida e volta a Cerdeira.
Será obrigatorio a inscrición previa entrando nesta ligazón ou por medio de SMS ou WhatsApp aos teléfonos 616 992 177 ou 629 270 651. Tamén se pode facer mandando un correo electrónico ao enderezo organizació[email protected]. O prezo é de 5 €.