20.4 C
Pontevedra
Luns, 14 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesAs Neves acolle un curso sobre Certificación Forestal organizado pola Asociación Forestal...

    As Neves acolle un curso sobre Certificación Forestal organizado pola Asociación Forestal de Galicia

    O Rosal e Ponteareas terán a próxima semana sendos cursos de prevención de riscos en uso de maquinaria forestal

    A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está desenvolvendo este outono un amplo programa de formación en toda a comunidade orientado a mellorar a silvicultura. Un dos próximos cursos abordará a certificación forestal, un sistema que garante a xestión sostible do monte e que é cada vez máis demandado no mercado.

    O curso de certificación forestal desenvolverase no concello de As Neves o venres 9 de outubro. Será a partir das 16 horas no Centro de Interpretación do Patrimonio Natural de Taboexa, no lugar de As Barreiras.

    No marco da xornada, abordaranse as características dos selos PEFC e FSC, así coma as vantaxes que ten para o propietario forestal a certificación do seu monte.

    Uso de maquinaria forestal e prevención de riscos laborais

    No marco do programa formativo da Asociación Forestal de Galicia, están previstos tamén sendos cursos a próxima semana sobre prevención de riscos e uso de maquinaria. Desenvolveranse o martes 13 no Rosal (Casa do Monte de Santa Mariña do Rosal) e en Ponteareas o xoves 15 de outubro (Centro Cultural Xinzo), ambos en xornada continua a partir das 8 horas da mañá.

    Os cursos, que contan co apoio de XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, son gratuitos, pero é precisa a inscripción previa, ben a través do enderezo electrónico afg@asociacionforestal.org, ben nos teléfonos 986 660 864, 981 564 011 ou 618 752 214. De cara a garantir a prevención de riscos, haberá xel hidroalcohólico a disposición dos asistentes e manteranse as distancias de seguridade e o uso obrigado da mascarilla.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.