14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSaldeda mantén vivo o seu histórico Entroido apostando pola súa celebración de...

    Saldeda mantén vivo o seu histórico Entroido apostando pola súa celebración de xeito virtual

    Poucos entroidos do sur de Galicia teñen a tradición centenaria do Entroido de Salceda de Caselas. Este ano toca reinventarse e amosar que, nin a pandemia da COVID é quen de frear unha celebración popular como poucas. Optase, iso si, polas novas tecnoloxías que permiten que se poidan celebrar actividades, de xeito virtual, garantindo o cumprimento das normas sanitarias e de seguridade.

    Tal e como salientaba a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, “Eeste é un ano difícil no que toca parar” a adianta que se aproveit ará o momento “para avanzar no proxecto para que o noso entroido sexa declarado Festa de Iinterese Turístico de Galicia”.

    Entre as actividades previstas e presentada hoxe polo Concello de Salceda, estará o I Concurso de Disfraces de Entroido e, dende a Concellería de Cultura, animan á veciñanza a disfrazarse nas súas casas e non perder o espírito do entroido. Logo, para participar, as persoas interesadas non terán máis que enviar unha fotografía ao enderezo electrónico cultura@salcedadecaselas.gal ou por Whatsapp ao número 675 232 832.

    Estableceranse tres categorías para os premios: individual, convivintes e votación popular, que contarán como premio un vale de compra de 100 € para consumir nos establecementos do comercio local adheridos a ACISA (Asociación de comerciantes e industriais de Salceda). O xurado estará composto por representantes dos entroidos históricos da Feira e do Barreiro e polo técnico municipal de mocidade.

    A programación completarase con varias actividades virtuais, como diferentes obradoiros dirixidos á poboación infantil que se farán públicos nos vindeiros días, ademais de mostras de fotografías e vídeos dos entroidos de edicións pasadas.

    Mantendo a tradición, a representante de Castro Barreiro e o representante de A Feira, non quixeron descubrir nada dos seus barrios, que de seguro agocharán algunha sorpresa. Cabe lembrar que o enfrontamento entre estes barrios remóntase cando menos ao ano 1888 en que consta a primeira proba documental, e nin sequera os anos de ditadura conseguiron parar esta festa de tal arraigo en Salceda.

    O certo é que como ben apunta a alcaldesa de Salceda “agora o primordial é a saúde, demasiada xente se quedou polo camiño; o Entroido e as festas xa voltarán, e farano con máis forza aínda”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.