A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este outono en toda Galicia un amplo programa formativo dirixido a mellorar o manexo silvícola do monte. O próximo curso, que abordará a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, desenvolveranse este xoves 31 en Salceda de Caselas, na Casa de Cultura de Picoña, a partir das 16 horas.
O obxectivo do curso sobre xestión de xuntas reitoras é revisar aspectos básicos de cara a mellorar o funcionamento das comunidades. A acción formativa aborda as seguintes cuestións, entre outras: organización e administración da comunidade, lexislación aplicable, planificación da xestións dos recursos do monte e réxime fiscal ó que están sometidas as comunidades de montes.
A actividade permitirá que as persoas asistentes actualicen os seus coñecementos para impulsar unha mellora na xestión forestal e organizativa dos seus montes.
O programa de cursos da AFG, que conta co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), é gratuíto, pero é precisa a inscripción previa, ben a través do e-mail [email protected], ben a través dos teléfonos 981 564 011, 986 660 864 e 618 752 214.