11.3 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasA OMIC de Salceda atendeu preto das 500 consultas durante o 2022

    A OMIC de Salceda atendeu preto das 500 consultas durante o 2022

    A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Salceda de Caselas (OMIC), coordinada dende a Concellería de Comercio, que dirixe a alcaldesa Verónica Tourón, recibiu o longo do ano 2022 preto de 500 consultas relacionados con temas sobre garantías, dereitos dos consumidores, reparación de bens consumibles, revogacións de contratos, etc. A súa tarefa nestes casos foi a de informar, mediar ou derivar ao Instituto Galego de Consumo para que inicie os correspondentes expedientes. Esta oficina está situada na Casa da Cultura Castelao e é atendida por un técnico municipal de consumo.

    A súa vez tramitou un total de 150 expedientes de reclamacións ao Instituto Galego de Consumo (IGC), para que este organismo dependente da Consellería de Economía e Industria decidise se ditas reclamacións se someterían a mediación previa, a Arbitraxe de Consumo ou se resolverían mediante outro tipo de vía administrativa.

    Así mesmo se remitiron a outros organismos de mediación públicos un total de 70 reclamacións. Ao Departamento de Conducta e Reclamacións do Banco de España as reclamacións bancarias; A Secretaría de Estado de Telecomunicacións as compañías telefónicas que non se someten a“xurisdición” galega; A Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións do Ministerio de Economía e Industria as reclamacións as compañías de seguros; A AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea) as reclamacións contra as Compañías Aéreas, etc.

    Por apartados, resaltar que das 150 reclamacións este ano foi sen dúbida o das compañías eléctricas e as de gas, debido aos prezos desorbitados e os cambios de contrato sen previo aviso. Se recolleron un total de 50 reclamacións relacionadas co Gas e a Electricidade. O segundo lugar o ocupan as compañías de telefonía móbil, fixa e Internet tal e como ben sendo habitual nos últimos anos tamén nas consultas,  cun total de 45 expedientes. A continuación as tendas físicas con 20, os bancos con 15, as tendas on-line, as compañías aéreas, a venta a domicilio, e por último as academias a distancia, os talleres, empresas de transporte, as compañías de seguro, etc.

    Con respecto aos anos anteriores, no ano 2022 se mantivo o número de reclamacións, pero aumentou considerablemente o número de consultas no servizo. Salientar que o 75 % da poboación atendida é residente no municipio de Salceda de Caselas e o 25 % restante pertence aos concellos veciños de O Porriño, Salvaterra de Miño, Tui e Ponteareas.

    Resaltar por último que a OMIC de Salceda de Caselas a través do seu técnico responsable é membro do Consello Reitor do INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO E DA COMPETENCIA, pois leva dende o ano 2000 ofrecendo este servizo no Concello.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS