Sábado, 3 Maio de 2025

Xunta e Concello do Porriño asinarán un convenio para a cesión da parcela para ampliación do Centro de Saúde

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén citar hoxe á alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre para que o vindeiro día 3 de setembro, ás 11 horas, asine en Santiago o convenio de cesión da parcela que permitirá ampliar o Centro de Saúde da vila da Louriña.

O concelleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña “atende a queixa” recentemente formulada polo Concello do Porriño por unha suposta “descortesía institucional cos representantes dos veciños” sinala o executivo local.

Este é o segundo convenio que, para a ampliación do Centro de Saúde porriñés asina o Concello. O anterior foi referendado hai case que unha década polo anterior rexedor local, Nelson Santos e, posteriormente, ratificado pola actual alcaldesa no anterior mandato.

O Concello do Porriño tiña manifestado a pasada semana a súa queixa por non ter recibida información alguna do Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña nin do seu staff “sobre a licitación anuncíada da redacción do proxecto anunciada hai uns días polo Sergas a través dunha nota de prensa”.