Sábado, 3 Maio de 2025

PSOE e BNG asinan o acordo para un goberno de coalición no Porriño

PSOE e BNG subscribiron, na noite de onte, un pacto que permitirá a formación dun Goberno de coalición presidido pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e no que o voceiro nacionalista Pedro Pereira será o primero tenente alcalde e Lourdes Moure, voceira socialista, ocupará a segunda tenencia de alcaldía.

“O acordo que temos firmado pon en común un proxecto compartido para desarrollar políticas de urbanismo, infraestructuras, servizos sociais e noutros eidos da xestión do Concello”, valorou Eva García que ponderou “a transparencia que imos reforzar na acción municipal outorgando máis delegacións e polo tanto maior importancia ós acordos que adoptará a xunta de goberno local”.

O reparto de responsabilidades e delegacións no goberno municipal coaligado así como as primeiras directrices da xestión serán explicadas nunha comparecencia conxunta que Eva García e Pedro Pereira protagonizarán nos vindeiros días.